Autores:González Boullosa, Palmira; Quesada, Mª Fe (Ilustrador/a)
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-7507-480-1
EAN:4294967295
Subtítulo:
Novedad:
Encuadernación:Rústica Hilo
Formato:13,50 x 19,00
Edición:1
Colección:INFANTIL E XUVENIL. MERLÍN. De 11 anos en diante
Temática:Infantil y juvenil - - ficción>Infantil de 9 a 14 años
Pvp sin iva:
Resúmen:A historia que se nos conta neste libro desenvólvese nunha Galicia mítica e comeza presentándonos ó reí Artús, que ten o seu fogar preto da lagoa de Antela. Anda sempre en batallas, polo que a raíña enferma de tristura. Como os médicos din que só a salvará "o amor máis grande do mundo", deciden ter unha filla, á que lle poñen o nome de Lúa. Pero a raíña morre, e a princesa queda ó coidado da dama Rovena, unha muller da corte, viúva dun famoso guerreiro, e a quen as fadas da lagoa de Antela lle roubaran anos atrás o seu fillo Brandón. Kian, un bardo, dille un estraño enigma, no que se fala dunha lúa que liberará ó seu fillo Brandón. E dama Rovena vai educando á princesa cuns criterios "diferentes" ós tradicionais, fuxindo da formación que se lle adoitaba dar ás nenas. Cando Lúa cumpre os trece anos, tenta resolve-lo enigma do bardo Kian. Decátase de que ela é a "lúa" da que se fala no raro enigma, de maneira que terá que levar a cabo tódalas probas que nel se din, se quere liberar ó mozo Brandón, do que está secretamente namorada, incluso sen coñecelo. A princesa Lúa emprende a viaxe e vai pasando por numerosas aventuras, nas que ten que resolve-los máis difíciles atrancos. Pero a rapaza acaba por chegar á lagoa, vence-lo poder das fadas e destruí-lo maleficio que mantiña preso ó seu namorado, liberando así ó mozo Brandón, co que finalmente casa.