Autores:Lluch, Enric; Miquel, Gerard (Ilustrador/a); Chao, Ignacio (Traductor/a)
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-9782-148-3
EAN:4294967295
Subtítulo:
Novedad:
Encuadernación:Rústica Hilo
Formato:17,00 x 19,00
Edición:1
Colección:INFANTIL E XUVENIL. PASENIÑO
Temática:Infantil y juvenil - - ficción>Infantil de 3 a 6 años
Pvp sin iva:
Resúmen:María, o seu papá e a súa mamá van de excursión ás brañas e atopan unha ra. ¿É ou non é un príncipe encantado? A nova colección “Paseniño” de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina.