| |
Antoloxía
|
 |
| |
Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) é unha das voces máis poderosas, eficaces e emocionantes da nosa poesía contemporánea. Os seus libros acadaron grande sona dentro e fora de Galicia, crónica apaixoada dun tempo difícil e, sen embargo, cheo de esperanza.O soño sulagado (1954), Longa noite de pedra (1962), Viaxe ao país dos ananos (1968) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975) son fitos fundamentais na lírica do noso tempo, referencias obrigadas na memoria de toda unha xeración.A presente Antoloxía (poesía e prosa) ofrece unha visión asequible, ordenada e plural dun dos máis grandes autores das letras galegas.
|
|
|
Autores: Ferreiro, Celso Emilio; Garcia Teijeiro, Antonio (Editor)
Editorial: XERAIS
ISBN: 978-84-7507-379-8
Número de páginas: 224 Novedad: Rústica Hilo Formato: 13,00 x 19,00 Grupo: EDICIÓN LITERARIA. BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS Temática: Literatura - - no ficción>Poesía
|
|
|