Autores:Dahl, Roald; Blake, Quentin (Ilustrador/a); Avendaño, Alberto (Traductor/a)
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-9782-277-0
EAN:4294967295
Subtítulo:
Novedad:
Encuadernación:Rústica Hilo
Formato:13,50 x 19,00
Edición:1
Colección:INFANTIL E XUVENIL. MERLÍN. De 11 anos en diante
Temática:Infantil y juvenil - - ficción>Infantil de 9 a 14 años
Pvp sin iva:
Resúmen:O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes… Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre. “Charlie e a fábrica de chocolate” é a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp será estreada no verán 2005. A presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.