Contos colorados

Comentar este libro.

Autores:Cuba, Xoán R.; Reigosa, Antonio; Miranda, Xosé
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-8302-537-6
EAN:4294967295
Subtítulo:NARRACIÓNS ERÓTICAS DA TRADICIÓN ORAL
Novedad:
Encuadernación:Cartonado
Formato:23,00 x 25,00
Edición:1
Colección:GRANDES OBRAS. EDICIÓNS SINGULARES
Temática:Literatura - - ficción>Novela y narrativa gallega>Erótica
Pvp sin iva:
Resúmen:Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da tradición oral de Galicia. Douscentos noventos contos, a maioría deles moi breves, dos considerados popularmente como de amores, rubios, pilleirentos, pícaros, pillabáns, eróticos ou porno-inxenuos, xa que todos eles falan, insinúan ou inciden en materia sexual. Reelaboradas e coidadosamente anotadas, as narracións que aquí se presentan constitúen a variante total dos contos eróticos galegos que se foron aprendendo de boca a orella, de xeración en xeración, na longa viaxe dos séculos. Quen lea este volume verá desfilar páxina a páxina unha impresionante galería de maridos cornudos, curas putañeiros, acólitos e sancristáns luxoriosos, esposos cansos e pouco espilidos, casadas infieis, monxas lascivas, episodios de zoofilia, artes e enganos de amantes e queridos, descarnadas burlas de todo tipo de comportamentos sexuais, especialmente os dos cregos hipócritas que fan todo o contrario do que predican, pecados de luxuria de solteiros, casados e relixiosos con profesión de castidade, inocentes burlados, falsas virxes, fillas que burlan a severa vixilancia dos seus pais, contraseñas que abren portas e propician encontros secretos de amantes adúlteros e toda clase de trasegos eróticos; con distintas doses de atrevemento e ousadía pero case sempre nun ton de humor despreocupado e burlesco. Ós ollos de hoxe, unha alta porcentaxe destas narracións son machistas e en moitos casos re-trógadas nas valoracións morais que transmiten; anque noutros casos poidan ser certeiramente críticas e cuestionen de arriba a abaixo os poderosos alicerces do estamento clerical; pero en definitiva veñen sendo a plasmación de cómo asume ou entende unha sociedade tradicional, hoxe en quebra, determinados valores.

Otros libros

Comentar estos libros

expandir informacion.

Comentarios sobre “Contos colorados

Dejar un comentario sobre el libro

Uidos. Titularidad de la web, condiciones de uso y política de privacidad, puede verlo en los siguientes enlaces.Condiciones de uso Politica de privacidad
Feed