Autores:Lebert, Benjamin; Meyer, Franck (Traductor/a)
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-7507-398-9
EAN:4294967295
Subtítulo:
Novedad:
Encuadernación:Rústica Hilo
Formato:13,00 x 21,00
Edición:1
Colección:INFANTIL E XUVENIL. FÓRA DE XOGO
Temática:Infantil y juvenil - - ficción
Pvp sin iva:
Resúmen:Cando Benjamin cumpre dezaseis anos inicia a experiencia do seu quinto internado. Botárono dos catro centros anteriores. Benjamin, que padece unha parálise parcial no lado esquerdo do seu corpo, non é feliz con ter que deixar a súa familia e é moi escéptico sobre as posibilidades de mellorar as súas malas cualificacións. Todo mudará cando coñece a Janosch, ao seu carismático compañeiro de cuarto, e a toda a súa panda de amigos que o seguen por todas partes. Benjamin comezará, entón, a sentir que encaixa no seu novo grupo e compartirá con eles aventuras prohibidas: desde visitas ao cuarto das rapazas ou escapadas a clubes de strip-tease. Están aprendendo e tratando de interpretar a súa vida aos dezaseis anos. Nestas páxinas hai un mozo aprendendo o que son os amigos, as rapazas, e cómo atopar o mellor camiño nun mundo tolo sendo el mesmo un tolo. “Crazy” é, pois, unha novela en clave autobiográfica que narra a historia dun adolescente cunha minusvalía física que vive marcado polo fracaso escolar. “O maior logro desta novela é que está escrita por un rapaz de dezaseis anos e é absolutamente crible.” (“New York Times Book Review”). “A voz de Lebert é seductora dende a primeira páxina e as súas observacións tan enxeñosas como sinxelas fan deste libro unha impresionante primeira novela dun xove escritor con moito talento” (“Booklist”). “Crazy é unha novela fresca, chea de enerxía, despiadadamente consciente.” (“Der Spiegel”).