Xela Arias, quedas en nós

Comentar este libro.

Autores:Arias López, Valentín (Editor)
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-9782-242-8
EAN:4294967295
Subtítulo:
Novedad:
Encuadernación:Rústica Hilo
Formato:17,00 x 24,00
Edición:1
Colección:EDICIÓN LITERARIA. ALTERNATIVAS. Ensaio
Temática:Literatura - - no ficción>Ensayo
Pvp sin iva:
Resúmen:Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, “Xela Arias, quedás en nós”, que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: “No pouso dos afectos” (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e compañeiras); “No silencio das palabras” (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); “Vencerse é cousa de se tratar” (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e “Un día tiven desexos e cumprinos” (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia. Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con “Denuncia do equilibrio” (Xerais, 1986), continuou con “Tigres coma cabalos” (Xerais, 1990), “Darío a diario” (Xerais, 1996) e rematou con “Intempériome” (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

Otros libros

Comentar estos libros

expandir informacion.

Comentarios sobre “Xela Arias, quedas en nós

Dejar un comentario sobre el libro

Uidos. Titularidad de la web, condiciones de uso y política de privacidad, puede verlo en los siguientes enlaces.Condiciones de uso Politica de privacidad
Feed