O Estatuto de Galicia

Comentar este libro.

Autores:Sarmiento Méndez, Xosé Antón
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-8302-975-6
EAN:4294967295
Subtítulo:20 anos de parlamento e xustiza constitucionais
Novedad:
Encuadernación:Rústica Hilo
Formato:17,00 x 24,00
Edición:1
Colección:OBRAS DE REFERENCIA. MANUAIS. CIENCIAS SOCIAIS
Temática:Ciencias humanas - - no ficción>Política
Pvp sin iva:
Resúmen:“O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais” é unha obra que pon ó día a praxe autonómica galega. Parte da teoría estatutaria de 1981 e analiza polo miúdo a interpretación que o Tribunal Constitucional dá na súa xurisprudencia dos ámbitos de actuación dos poderes públicos galegos. O autor, Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado do Parlamento de Galicia, presenta, seguindo a sistemática do texto do “Estatuto de Galicia”, un percorrido detallado de toda a normativa (legal e regulamentaria) que o desenvolve, e achega unha escolma bibliográfica de grande utilidade. Trátase dun libro que proporciona unha información exhaustiva sintetizada dun xeito sistemático que procura facilita-la comprensión e aplicación do ordenamento xurídico de Galicia e a conflictividade entre o Estado e a Xunta de Galicia dende 1981 a 2003, presentando pois evidente interese para os que se aproximen á experiencia autonómica galega, tanto dende unha perspectiva estrictamente xurídica como dende a análise politolóxica. Este tratado pon sobre a mesa problemas de grande actualidade como o do rendemento institucional dos poderes públicos autonómicos, necesidade de reforma do texto estatutario versus novas fórmulas federais ou confederais, os límites da autonomía galega ou o papel do Tribunal Constitucional como supremo intérprete da Constitución e, en xeral, do que denomina “bloque de constitucionalidade”. O libro vai precedido dunha presentación de Aurelio Miras Portugal, actual Conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia, que sinala “a calidade e densidade dunha magnífica obra xurídica, que agocha todo un contido humano”.

Otros libros

Comentar estos libros

expandir informacion.

Comentarios sobre “O Estatuto de Galicia

Dejar un comentario sobre el libro

Uidos. Titularidad de la web, condiciones de uso y política de privacidad, puede verlo en los siguientes enlaces.Condiciones de uso Politica de privacidad
Feed