Os nervios da cabeza

Comentar este libro.

Autores:Cermeño, Xosé
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-7507-827-4
EAN:4294967295
Subtítulo:
Novedad:
Encuadernación:
Formato:
Edición:1
Colección:EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Temática:Literatura - - ficción>Novela y narrativa gallega
Pvp sin iva:
Resúmen:Os nervios da cabeza son 17 contos breves, brevísimos, precedidos por un breve comentario, tamén, do escritor evidencialista e novo Premio Blanco Amor na súa edición de 1994, Xosé Cid Cabido. Os relatos, de ben diferente temática e feitío, sabotean o ritmo e a disposición real dos acontecementos case tanto como prefiren o humor, a ironía e a negación de toda importancia para os seus personaxes. Historias curtas, de personaxes convencionais, narradas con elegancia, concisión e brevidade. Historias abertas a calquera situación imaxinable que salientan afeito de que os habitantes da cidades grandes, medianas, pequenas ou crecentes, os usuarios de autobús falangueiros, os pais de familia confiados, os escritores de oficio menor, os profesores de ciencias físicas, as adolescentes no abrente do amor, os emigrantes retornados, os cantantes de rock, os empregados de banca en Soria, os músicos de Jazz, as bañistas suicidas, os irmás xemelgos, as protistutas concienzudas, os matrimonios cruzados, os mounstros papanenos, son xente toda ela que se comporta coma se non existisen normas, nin convencións e cada momento fose a mellor ocasión para facer unha talada irrepetible. Os nervios da cabeza, como a Ciencia defacer as camas, é a demostración da eficacia literaria da arte da brevidade, da que o autor se confesa debedor de mestres desta arte como Julio Ramón Ribeiro ou Augusto Monterroso. Máis alén, da brevidade e dos rachóns e alustros de humor que salfíren todo o texto, Cermeño nunha paciente busca da palabra xusta, ensambla conceptos e reflexións que constitúen unha áceda parodia do noso tempo e da condición humana.

Otros libros

Comentar estos libros

expandir informacion.

Comentarios sobre “Os nervios da cabeza

Dejar un comentario sobre el libro

Uidos. Titularidad de la web, condiciones de uso y política de privacidad, puede verlo en los siguientes enlaces.Condiciones de uso Politica de privacidad
Feed