Roseira do teu mencer

Comentar este libro.

Autores:Álvarez Blázquez, Xosé María; Uhía, Manolo (Ilustrador/a)
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-7507-678-2
EAN:4294967295
Subtítulo:
Novedad:
Encuadernación:
Formato:
Edición:1
Colección:INFANTIL E XUVENIL. MERLÍN. De 7 anos en diante
Temática:Infantil y juvenil - - ficción>Infantil de 6 a 9 años
Pvp sin iva:
Resúmen:Este libro de poesía foi escrito ó longo dos anos 1949-1950, e publicado por primeira vez no ano 1950. Trátase dun conxunto de poemas que o autor lle dedicou á súa prímeira filla cando era pequeniña. Toda a temática dos poemas xira ó redor da relación dos país-adultos coa filla-nena que pouco a pouco vai descubríndo o mundo. Versos nacidos de sinxelas experiencias cotiás, que Xosé Mª Álvarez Cáccamo, fillo do autor, conta así: "Por iso o libro, que ao principio tampouco non tiña nome, chamouse Roseira do teu mencer. O mencer de Colorín, os seus prímeiros días e meses de luz, está relatado aquí en versos pequenos que son para cantar. Sentiremos como chora a pobre nena perseguida polas galiñas e como vai procurar acougo no colo do pai. Pero logo, nunha mañá preciosa de sol, saen os tres felices ao campo para apañar flores e os caracois póñenlle un camiño de seda a Colorín para que pise entre as herbas sen mancar os pés (...). O pai escorrentaba as cousas grandes que lle puñan medo a Colorín: a chuvia, a neve, o vento, o arco da vella. E logo baixaban os dous á praia, que quedara limpa de sombras e branca coma azucre, a facer casas de cunchas (...). Estas e outras aventuras de Colorín canta don Xosé Mª Álvarez Blázquez, o pai dela e meu, na Roseira do teu mencer." No libro tamén se recollen seis poemas que non pertencen a Roseira do teu mencer pero merecedores de estar nesta obra.

Otros libros

Comentar estos libros

expandir informacion.

Comentarios sobre “Roseira do teu mencer

Dejar un comentario sobre el libro

Uidos. Titularidad de la web, condiciones de uso y política de privacidad, puede verlo en los siguientes enlaces.Condiciones de uso Politica de privacidad
Feed