¡Sentinela alerta!

Comentar este libro.

Autores:Queizán, María Xosé
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-8302-800-1
EAN:4294967295
Subtítulo:
Novedad:
Encuadernación:Rústica Hilo
Formato:14,50 x 22,00
Edición:1
Colección:EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Temática:Literatura - - ficción>Novela y narrativa gallega>Corta, cuentos y relatos
Pvp sin iva:
Resúmen:O Licenciado prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, corrupto e violento, aquel ser cruel e odiado por todos, implacable perseguidor dos homosexuais, torturador de reclusos e da súa propia muller… Unha militante comunista emprende unha desesperada folga de fame, convencida pola súa ética revolucionaria que non coñecerá o prezo da liberdade se non se pelexa por ela; a degradación á que ela mesma se somete levaráa a rememorar os deleites irrepetibles das manteigadas e da lamprea que facía a súa nai … Un preso relata oufano como matou a súa muller porque ela se lle repuxo… Unha muller maltratada decide tramitar o divorcio e convértese nunha fuguista de incerto destino… Moncho sofre na cadea o acoso de Rúper, un ser embriagado polo goce de infrixir dor sexual nos seus compañeiros… Homes e mulleres coa existencia trabada, seres recluídos por barrotes verticais e horizontais, víctimas do fanatismo que levan a celosía da cadea incrustada nos ollos. ¡Sentinela, alerta! recolle dez textos nos que María Xosé Queizán aborda o lado máis escuro da condición humana: a práctica da tortura e dos malos tratos infrixidos sobre as mulleres e sobre os máis débiles. O espacio da cadea nos tempos da dictadura unifica unha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, a corrupción, a desolación… devoran a dignidade dos seres humanos.

Otros libros

Comentar estos libros

expandir informacion.

Comentarios sobre “¡Sentinela alerta!

Dejar un comentario sobre el libro

Uidos. Titularidad de la web, condiciones de uso y política de privacidad, puede verlo en los siguientes enlaces.Condiciones de uso Politica de privacidad
Feed