Autores:Caneiro, Xosé Carlos
Editorial:XERAIS
ISBN:978-84-8302-129-3
EAN:4294967295
Subtítulo:
Novedad:
Encuadernación:
Formato:
Edición:1
Colección:EDICIÓN LITERARIA. NARRATIVA
Temática:Literatura - - ficción>Novela y narrativa gallega
Pvp sin iva:
Resúmen:Un xogo de apócrifos é unha estensa narración de catrocentas páxinas -lonxitude pouco frecuente na narrativa galega actual- que ten por fío conductor a historia de Silesio Braun, un escritor internado nun sanatorio psiquiátrico que leva toda a vida intentando rematar a súa primeira novela. Certo día recibe un regalo: os contos escritos por un home que llos concede para que poda editalos como propios. Reescríbeos e suplanta, diante da persoa que o coida, unha monxa chamada Berta, e os seus achegados, ó autor do libro. Hai nesta novela dous planos, tan independentes como empastados: os trinta e seis contos e as anotacións do propio Silesio Braun (un caderno de bitácora no que se confuden tamén os parágrafos desa pretendida novela sobre a figura de Bach que nunca consegue rematar). En cada un dos capítulos da novela hai a presencia doutras tantas citas apócrifas que serven de xustificación e exaltación da mentira, de xustificación da falsedade, de xustificación, en definitiva, da literatura. Ideas básicas da novela son, pois, amor, esperanza, existencia e fracaso.